Tuesday 21 de May de 2024

O Concello de Cabanas súmase ás concentracións polo asasinato machista en Baiona


Chama a concentrarse este mércores ás 20h diante da Casa do Concello

O Concello de Cabanas anuncia que se suma ás convocatorias do movemento feminista galego en repulsa do asasinato machista acontecido en Baiona.

Nesta liña, o Concello de Cabanas fai un chamamento a toda a veciñanza para acudir á concentración que terá lugar diante da Casa do Concello mañá, mércores 08 de febreiro, ás 20h.

Data e hora: Mércores, 08 de febreiro, ás 20h

Lugar: diante da Casa do Concello